A nosa eira

A nosa eira a eira s. coop. galega é unha cooperativa de iniciativa social situada na Costa da Morte.

Ofrece servizos de web e redes, servizos educativos e proxectos de intervención social.

04/09/2026

Os hábitos e as rutinas, claves para un mellor rendemento con moito menos esforzo e carga mental.

03/09/2026

Unha vez que temos a planificación mensual, toca pasar á planificación semanal...

03/09/2026

📚 A Axenda Escolar 2026/27 xa está en camiño!

Estes días, desde o Concello de Dumbría, estamos enviando a nova axenda escolar ás casas de toda a nosa rapazada. 💚

Un ano máis, queremos acompañalos durante o curso e, de paso, animalos a coñecer, mirar e vivir con outros ollos.

🗺️ Cada mes descubrirán 10 novos tesouros do concello, con pequenas misións para observar o que os rodea, investigar, falar coa familia e coas persoas maiores, e coñecer mellor o lugar onde medran.

🏠 As Casas da Cultura e ⚽ o Deporte tamén forman parte da aventura, ocupando un espazo especial, como punto de encontro, amizade e unión entre a rapazada.

E, por suposto, non faltan ferramentas para organizarse e tirar para adiante cos estudos.

Explora, imaxina, pregunta, soña... porque Dumbría é da súa xente, e ti tamén es parte da súa historia. 💚

Organizarse ben non é só apuntar o que temos que facer cada día. Por iso propoñemos traballar a organización en 4 niveis...
02/09/2026

Organizarse ben non é só apuntar o que temos que facer cada día. Por iso propoñemos traballar a organización en 4 niveis:

📅 Anual: para ter unha visión completa do curso.
🗓️ Mensual: para anotar exames, entregas, actividades e detectar semanas máis cargadas.
📋 Semanal: para decidir cando facer cada tarefa, estudar ou preparar un traballo.
✏️ Diario: para saber que toca facer hoxe e preparar tamén o día seguinte.

Coa axenda escolar e o pack gratuíto de organización queremos axudar ao alumnado a anticipar, planificar e ir gañando autonomía pouco a pouco.

👉 Podes descargar os materiais gratuítos e ver as nosas axendas en anosaeira.es/tienda/

02/09/2026

Hoxe falamos de como o calendario anual e mensual é unha feramenta clave para poder organizarnos.

01/09/2026

Ao teu fillo/a tamén lle custa organizarse cos estudos?
Comezamos falando a importancia de ter claros os horarios: horas ocupadas e horas libres para planificar o estudo.

31/08/2026

Conta atrás para comezar o curso!!

📅 Rematamos agosto… e toca ir planificando o novo curso!O 9 de setembro comezan as clases! Compartimos o calendario esco...
31/08/2026

📅 Rematamos agosto… e toca ir planificando o novo curso!

O 9 de setembro comezan as clases! Compartimos o calendario escolar de Galicia 2026-2027 para que poidades organizarvos con tempo. Lembrade consultar tamén os festivos locais e os días non lectivos propios do voso centro.

📥 Queredes ter as datas á man? Podedes descargar de balde o calendario e o noso pack de organización escolar, con calendarios anuais e mensuais e un planificador semanal, na nosa tenda:
👉 anosaeira.es/tienda/

💚 Gardade esta publicación para consultala durante o curso e compartídea con quen aínda non teña claro o calendario!

📚 Axendas docentes 100 % galegas para o curso 2026–2027Deseñadas pensando no día a día do profesorado de Galicia: co nos...
27/08/2026

📚 Axendas docentes 100 % galegas para o curso 2026–2027

Deseñadas pensando no día a día do profesorado de Galicia: co noso calendario escolar, planificación semanal e mensual, rexistros, seguimento do alumnado, avaliación, comunicacións, reunións e outros recursos prácticos para ter toda a información organizada nun mesmo lugar.

Podes escoller entre tres modelos: Base, Titoría e PT/AL, segundo as necesidades do teu traballo.

💚 En galego
📅 Co calendario escolar de Galicia
📒 Formato A5 ou A4
✏️ Personalizables

Feitas en Galicia por A Eira S. Coop., desde a Costa da Morte.

👉 Podes ver todos os modelos en anosaeira.es/tienda/

📚 Axendas escolares 100 % galegas para acompañar o curso 2026–2027Unha axenda non serve só para anotar os deberes. Pode ...
26/08/2026

📚 Axendas escolares 100 % galegas para acompañar o curso 2026–2027

Unha axenda non serve só para anotar os deberes. Pode axudar a organizar exames, tarefas, horarios e datas importantes, crear hábitos e ir gañando autonomía pouco a pouco.

Por iso temos diferentes modelos adaptados á idade e ás necesidades do alumnado:

🌿 ECO · de 1º a 4º de Primaria
🚀 PRO · de 5º de Primaria e ESO, con curso gratuíto de técnicas de estudo
💚 NEE · adaptada a diferentes necesidades educativas

Todas están en galego, inclúen o calendario escolar de Galicia e poden personalizarse.

🎁 Ademais, na nosa tenda podes descargar gratuitamente o Pack de Organización Escolar, con planning semanal, calendario anual e calendario mensual.

👉 Descubre todas as axendas en anosaeira.es/tienda/

Feitas en Galicia por A Eira S. Coop. 💚

Dirección

Cee
Cee
15270

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A nosa eira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría