Redeiras.net

Redeiras.net Deseño gráfico e desenvolvemento web. Marketing online. Servizos integráis ou proxectos puntuáis. Adaptámonos ás túas necesidades.

Guste máis ou menos, o vídeo converteuse nun dos formatos con máis alcance e capacidade para conectar coa audiencia en r...
08/07/2026

Guste máis ou menos, o vídeo converteuse nun dos formatos con máis alcance e capacidade para conectar coa audiencia en redes sociais. A parte positiva é que hoxe en día non fai falta ter un equipo profesional para conseguir un bo resultado.

Con pequenos detalles durante a gravación podes facer que os teus vídeos se vexan moito máis coidados e profesionais.

Neste carrusel compartimos algúns consellos sinxelos que che axudarán a mellorar os teus reels desde o primeiro momento.

💾 Gárdao para telo a man na túa próxima gravación.

Begoña Caamaño fixo da palabra unha ferramenta incómoda para quen quería ás mulleres caladas e a cultura baleira de pens...
17/05/2026

Begoña Caamaño fixo da palabra unha ferramenta incómoda para quen quería ás mulleres caladas e a cultura baleira de pensamento. Feminista, xornalista e escritora, escribiu desde a rebeldía, desde a memoria e desde a necesidade de cambiar o relato.

Porque ás veces non chega con cambiar as regras.
Hai que cambiar o xogo.

Feliz Día das Letras Galegas ás que escriben, crean e resisten. ✨

Nun mundo que premia o individualismo e normaliza a guerra, falar de empatía, de coidado ou de amor pode parecer “inxenu...
06/03/2026

Nun mundo que premia o individualismo e normaliza a guerra, falar de empatía, de coidado ou de amor pode parecer “inxenuo”.

Pero quizais o verdadeiramente radical sexa iso, poñer a vida no centro, pensar en colectivo, negarnos a aceptar a violencia como algo inevitable.

O feminismo leva tempo dicíndoo: sen coidados, sen empatía e sen xustiza, non hai paz posible.

Quizais chegou o momento de que a nena de Banksy saia do muro…
e por fin atrape o globo. 💜

Ti tamén sentes estes días que algo vai rebentar?Rúas cheas de xente, atascos, panxoliñas a todo trapo… e mentres o mund...
24/12/2025

Ti tamén sentes estes días que algo vai rebentar?

Rúas cheas de xente, atascos, panxoliñas a todo trapo… e mentres o mundo parece que está peor que nunca, chegan as frases de amor e paz envoltas en luces, compras e présas. Moitas présas.

Como se o ruído fora tapar todo o demais.

Pero igual estas festas poden ir doutra cousa, poden ir de coidarnos e de lembrar que, cando todo empurra a ir cada unha dirección, facer rede tamén é unha forma de resistencia.

Collamos forzas, entremos no ano novo con ganas de seguir dando guerra, coidándonos e non resignándonos.

Boas festas. Que o que veña nos pille unidas, tranquilas e fortes!

Dirección

Antonio Puga
Puga
32003

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 20:00
Martes 10:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 18:00

Teléfono

+34646930769

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Redeiras.net publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir