17/11/2025
Hoxe vimos moi contentos para ensinarvos a nova web de Teatro Ghazafelhos, unha compañía que leva anos facéndonos rir, cantar e soñar en teatros de toda Galicia.
Que fixemos?
Unha web visual, ordenada e cómoda de usar. Pensada para que calquera —familias, coles, concellos ou quen busque teatro do bo— atope rápido os espectáculos, as datas da xira e todas as novidades da compañía.
Un espazo alegre e doado de navegar, que reflicte o espírito Ghazafelhos: divertido, próximo e sempre co público no centro.
Aquí podedes botarlle un ollo 🔗 teatrosdosghazafelhos.com