Toxo Telecom

Toxo Telecom Operador de telefonía móbil e fibra óptica 100% galego. Disfruta con Toxo Telecom das mellores tarifas e servicios. Empresa de telecomunicacións

04/08/2026

Unha volta rápida pola nosa tenda de Santiago… para que vexas onde che imos atender 😏💚

Aquí podes vir preguntar, revisar a túa tarifa, cambiar de móbil ou simplemente contar que necesitas para atopar a opción que mellor che encaixa.

📍 Agardámoste en Xeneral Pardiñas.

Chegas coa maleta na man e coa cabeza en modo verán.E o único que non apetece é chegar… e poñerte a pelexar co WiFi.Por ...
31/07/2026

Chegas coa maleta na man e coa cabeza en modo verán.
E o único que non apetece é chegar… e poñerte a pelexar co WiFi.

Por iso, antes de vir á segunda residencia, deixa o internet preparado:
para que cando abras a porta, xa estea todo OK e ti só te preocupes do importante: descansar.

Este verán, que o plan sexa simple: chegar, conectar e desconectar ti 😏💚
Se queres, escríbenos e deixámolo listo contigo.

28/07/2026

Poñémoslle cara á persoa que vos vai atender na nosa tenda de Santiago: ela é Bárbara 😏💚

A partir de agora atoparédela en Xeneral Pardiñas, 21, preparada para informarvos, resolver dúbidas e explicarvos todo claro!

Así que xa sabes: se pasas por alí, entra saudar. E se traes unha dúbida, mellor… que Bárbara xa che pon solución 😉

25/07/2026
25/07/2026

Hai formas de ser que non fan ruído… pero quedan 💚

Quedan na maneira de falar.
Na forma de volver.
No costume de preguntar se chegaches ben.
Na mesa posta.
Na chamada que non se deixa para mañá.

Galicia non é só un sitio.
É unha forma de sentir, de coidar e de quedar, mesmo estando lonxe.

En Toxo tamén o vivimos así. Porque ser de aquí non é só estar en Galicia: é levala dentro.

Hai cousas que non se explican. Lévanse dentro. Galicia é unha delas.
Feliz Día de Galicia 🩵

No verán, nas terrazas e nas praias, un minuto de atención gárdache tempo e problemas despois. Son consellos sinxelos qu...
21/07/2026

No verán, nas terrazas e nas praias, un minuto de atención gárdache tempo e problemas despois.

Son consellos sinxelos que che devolven tranquilidade 😉

17/07/2026

Hoxe saímos á rúa cunha pregunta moi seria (e moi necesaria):
"cal é o emoji que máis usas? 😏📲"

👇 Veña, confesa: cal é o teu emoji número 1?
Déixao nos comentarios e xa che dicimos o noso 😉

Hai cousas que soan ben cando as ves nunha tarifa… pero se ninguén cho explica fácil, quedan un pouco no aire.Compartir ...
14/07/2026

Hai cousas que soan ben cando as ves nunha tarifa… pero se ninguén cho explica fácil, quedan un pouco no aire.

Compartir GB pode compensar moito en certos casos: por exemplo, se nunha casa ou nunha parella non todo o mundo gasta o mesmo, ou se hai liñas que uns meses van máis xustas e outras non chegan nin de lonxe ao límite.

Neste carrusel explicámolo sen complicacións: que significa compartir datos, cando pode ter sentido de verdade e en que casos igual non che achega tanto.

Gárdao para cando che toque revisar tarifa e cóntanos: no teu caso, cres que compensaría?

Hai veces que che parece que os datos voan… e non sabes moi ben por que 📱Pero moitas veces non é por usar “demasiado” o ...
08/07/2026

Hai veces que che parece que os datos voan… e non sabes moi ben por que 📱

Pero moitas veces non é por usar “demasiado” o móbil, senón por pequenas cousas que van sumando sen facer ruído: vídeos automáticos, copias na nube, apps en segundo plano, mapas, descargas…

Neste carrusel ensinámosche 7 cousas moi habituais que poden estar gastando máis GB dos que pensas, para que entendas mellor que pasa e poidas revisalo con calma.

Gárdao para botarlle un ollo cando vexas que os datos che duran menos do que deberían e cóntanos: cal destas cres que che pasa máis?

06/07/2026

Hai rúas onde a cobertura falla sempre no mesmo punto.
Edificios con paredes grosas onde o WiFi non atravesa nin con ganas.
Negocios con horas punta nas que a conexión ten que aguantar si ou si.
E casas onde o router “chega”… pero só ata a porta do salón 😏📶

Iso non se entende mirando un mapa. Enténdese estando aquí, falando coa xente e vendo como funciona cada zona no día a día.

En Toxo cremos na proximidade de verdade: coñecer a contorna, falar claro e poñer unha solución que che encaixe (sen líos).

👇 De que concello es? Déixanolo nos comentarios.

Dirección

Rúa De Galicia 71
Riveira
15960

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Toxo Telecom publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Toxo Telecom:

Atajos

Compartir