Dardo Estudio gallego de diseño especializado en proyectos culturales Somos un estudio gallego de diseño especializado en proyectos culturales. Redes sociales.

Con editorial propia, DARDO destaca por su experiencia en el diseño editorial y la organización de exposiciones y eventos. Nuestras áreas de trabajo principales son: Diseño gráfico y editorial. Planificación, diseño y montaje. Programación y gestión de instituciones culturales. Comunicación corporativa, publicidad y marketing estratégico. Entorno digital: diseño, programación web y apps.

Mediación y diseño de actividades pedagógicas. Talleres didácticos. Diseño de stands y producción de eventos feriales y festivales.

A finais de 2025, o Ministerio de Cultura encomendounos o redeseño da arquitectura visual para Instagram do programa Cul...
01/04/2026

A finais de 2025, o Ministerio de Cultura encomendounos o redeseño da arquitectura visual para Instagram do programa Cultura y Ciudadanía, un proxecto que busca situar a cultura como un motor para o desenvolvemento social e a participación cidadá. O encargo nace da necesidade de definir un novo sistema de comunicación en consonancia cos obxectivos do programa e as expectativas da súa audiencia.

Trátase dun perfil institucional e rigoroso, unha ferramenta estratéxica orientada á prescrición, que dirixe tráfico cualificado cara ás distintas convocatorias e actividades ás que dá difusión. Cun estilo máis depurado, o novo deseño quere conectar de xeito efectivo cun público profesional que busca oportunidades e inspiración.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)

Un breviario é unha recompilación persoal de ideas, fragmentos e anotacións que reflicten as inquedanzas máis profundas ...
18/02/2026

Un breviario é unha recompilación persoal de ideas, fragmentos e anotacións que reflicten as inquedanzas máis profundas da súa autora. Baixo esta premisa nace a exposición Breviario de Tamara Feijoo

A mostra recolleu unha colección de pezas que funcionan como experimentos pictóricos e reflexións sobre o propio acto de pintar. A través de ensaios de taller, recorrencias e descartes, a artista dá forma a unha imaxinería íntima que sintetiza a súa traxectoria. Para iso, rescata a memoria dos materiais e utiliza nos seus debuxos papeis antigos, marcados polo paso do tempo e rescatados de vellas carpetas, para convertelos no estrato fundamental da súa obra.

O catálogo que acompaña ao proxecto convértese nun breviario físico que remite, tanto no formato como nos acabados, a esas libretas antigas que inspiran á artista. Un primeiro bloque impreso en papel offset crema de gran rugoso recolle imaxes da montaxe e unha conversa entre a artista e a comisaria Mónica Maneiro , mentres que o segundo bloque ofrece un percorrido fotográfico pola exposición con imaxes de Carmen Verdú .

A publicación loce unha coidada encadernación con punto de lectura. Como peza central da portada, destaca un cromo incrustado e impreso mediante letterpress na prensa manual Adana HS2 de , que achega esa pegada física e acabado artesán para unha edición especial.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)
Impresión: Axencia Gráfica
Encadernación: Legatoria
Edita: Fundación DIDAC

Agradecemento especial @
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación da Coruña.
A exposición Breviario tivo lugar en Appleton Lisboa e en Santiago de Compostela en 2025

Dirección

Rúa Pérez Costanti, 12, Baixo
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Teléfono

+34881976986

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Dardo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Dardo:

Atajos

Compartir